IV Campus de Actividades Acuáticas

Cidade de Pontevedra

 

 

O Club Natación Pontevedra organiza por cuarto ano consecutivo o Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra , no cal ensinarase a nadar ós máis pequenos e perfeccionaranse os estilos de natación dos que xa saben nadar, ademais de introducilos no waterpolo.

Este campus estará dirixido por licenciados en Educación Física e Adestradores Nacionais de Natación, cun equipo técnico dos mellores de Galicia. Os adestradores do Club Natación Pontevedra posúen unha alta experiencia na ensinanza e adestramento da Natación e o Waterpolo, conseguindo n@s rapac@s unha rápida e eficaz aprendizaxe das dúas disciplinas, sempre a través de métodos pedagóxicos e lúdicos, facendo do xogo un recurso moi valioso, co que o neno ocupará a súa mente e pouco a pouco irase introducindo no medio acuático, fixando conductas seguras que lle axudarán a consegui-lo obxectivo final: NADAR.

Por outra parte, o IV Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra segue sendo o único en Galicia da súa clase, xa que nel conxúganse aprender a nadar, o perfeccionamento da natación e a iniciación ó waterpolo.

Non só ofrece a posibilidade de aprender a nadar, algo imprescindible hoxe en día, senón a introducción no deporte. A Natación é un dos deportes máis completos e saudables que hai: fomenta a aprendizaxe e o dominio das habilidades motrices acuáticas, adóptanse hábitos de hixiene e saúde, apréndese a disciplina, a responsabilidade e a capacidade de autosuperación, tan importantes na vida diaria. O Waterpolo é un deporte que combina os beneficios dos deportes acuáticos e dos deportes colectivos. Ademais de aprender a desenvolverte na auga, con todo o bo da natación, aprendes a traballar en equipo, a sacrificarte polos demais, a ser solidario cos outros e respectar ós teus compañeiros e contrarios.

Outros dos beneficios dos Deportes Acuáticos son:
- coñecer xente e facer novos amigos.
- conseguir unha boa forma física e un bo estado de saúde.
- aprender a tomar decisións, a saber gañar e perder, a competir e colaborar, a organizarse...

Os participantes pasarano moi ben xa que aprenderán mediante xogos. @s nen@s tamén contarán coa presencia de deportistas pertencentes ó clube organizador, recoñecidos a nivel galego e nacional, cos que intercambiarán impresións, positivas para a axeitado aprendizaxe da actividade en cuestión.

Ó remata-lo campus terán a posibilidade de inscribirse na Escola de Actividades Acuáticas do Club Natación Pontevedra , así coma nos grupos de adestramento de Natación ou Waterpolo .

¡¡Date presa, hai prazas limitadas por orde de inscrición!! Se o teu é a auga… ¡veralo claro!

¡¡¡APÚNTATE!!!

Obxectivos :
- Facer que @s nen@s pasen un mes de diversión na auga aprendendo os deportes da Natación e o Waterpolo.
- Familiarizar ós nen@s co medio acuático.
- Ensinar ós nen@s a nadar e/ou as nocións básicas do waterpolo.
- Aprende-las habilidades básicas dun deporte de equipo coma o waterpolo: desprazamentos, pases-recepcións, lanzamentos, etc.

Ofrecemos :
- Máis de 40 horas de adestramento, combinando aprendizaxe teórico-práctica con diversión.
- Grupos de aprendizaxe de natación para aqueles nen@s que non saiban nadar. E para aqueles nen@s que xa saben, grupos de perfeccionamento da natación e iniciación ó waterpolo
- Máximo de 8 nadadores por monitor nos grupos de iniciación.
- Participación de nadadores de categoría nacional.
- Introducción ó traballo postural.
- Clases teóricas (charlas, vídeo, presentacións) e prácticas.

Datas : do 1 ó 30 de Setembro de 2008

Horarios : de 16:00 a 18:00 h, de luns a venres (os grupos de iniciación serán de 1 h, dependendo do nivel d@ rapaz/a)

Lugar : Piscina Municipal de Campolongo

Idades : iniciación: de 4 a 8 anos
Perfeccionamento (natación e waterpolo): de 7 a 14 anos

Importe : 45 Euros

Forma de pago : ingresa-la cantidade en CAIXANOVA (oficina Mercado, R/ Sierra) CC: 2080 0405 44 0040105265 Entregar copia do resgardo bancario co nome do/a nen@, xunto coa ficha de inscrición na oficina do Club Natación Pontevedra ou na Parafarmacia M. Dolores Fraguas (R/ Rosalía de Castro, 1 Local 4)

Máis información :
Oficina do Club Natación Pontevedra: R/ Padre Fernando Olmedo s/n, Estadio da Xuventude (Centro Galego Tecnificación Deportiva), de luns a venres de 17:15 a 20:00.
Teléfonos: 986 84 38 33 • 658 607 728 • 609 858 565 ou 647 725 601